Friday 26 de April de 2024

Presentación oficial do Jogafán F. S. e das aliñacións das escolas deportivas de fútbol sala


Recentemente o Jofafán Fútbol Sala fixo a presentación oficial das aliñacións das categorías biberón, prebenxamín, benxamín, alevín e cadete, ademais do equipo que compite na liga local. En total hai que falar de 120 nenos e nenas que participan nas escolas deportivas de fútbol sala nesta tempada, e nas que o Concello de Ordes participa activamente. Entre os asistentes ao acto non faltou o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, quen mostrou a súa satisfación “polo alto nivel de participación e pola gran calidade que presenta a canteira”.